No IES A Cachada, contamos cun grupo de profesores e alumnos que, entre as clases da mañá e as clases da tarde do martes, realizan moitos proxectos relacionados coas novas tecnoloxías.
Este curso 2015-2016, participamos nun proxecto, que por sorte para o noso instituto, nos tocou a estrear. Trátase do proxecto EpDLab, que consiste na aprendizaxe de novos conceptos e formas de visión sobre diversos temas de actualidade (política, pobreza, inmigración…) coa utilización da Internet e dos medios de comunicación.
Ata o de agora, fomos quen realizar uns memes en contra do que está a ocorrer na actualidade en Melilla; e uns falsos documentais sobre diversos temas como a corrupción, baloncesto, fútbol…
Para realizar os falsos documentais tivémonos que organizar en grupos. Cada un, contaba cun vídeo sen son algún e, segundo o que iámos vendo no vídeo, tivemos que utilizar a nosa imaxinación para escribir un texto dando unha noticia con información falsa. Logo gravamos o texto para poder obter un ‘’telexornal’’ feito por nós.
Como resultado, (tras unha montaxe dos coordinadores) obtivemos o seguinte vídeo: Telexornal A Cachada (Boiro).
Agardamos a seguinte quedada con moitas ganas!