Martes 1 de decembro, traballamos hoxe o falso documental e o concepto da verdade e a mentira en prensa. Comezamos analizando por grupo varias novas de prensa, tratando de dilucidar se eran verdadeiras ou falsas: ningún equipo as acertou todas! E é que a realidade supera a ficción, e a miúdo a ficción se nos vende como a verdade. O máis sorprendente, a noticia falsa de que “Tele 5 emite por erro varios minutos dun documental”. Houbo xente que detectou o ton irónico e por iso atinou que era falsa, ben!

IMG_20151201_151020

Despois analizamos unha mesma noticia (a última folga xeral) contada por El País, El Mundo, Público e La Razón: rotundo fracaso ou éxito? que queda da presunta neutralidade e obxectividade da prensa?

IMG_20151201_153558

O noso alumnado pregunta por qué non se contan datos obxectivos no canto de opinións. Non hai resposta :/

IMG_20151201_152428

Finalmente, falamos dos falsos documentais e de como se pode utilizar este formato de apariencia formal para divulgar información ficticia. Isto serviranos para a nosa curta do CdA, e Roi recoméndanos visualizar Plata Quemada (Forgotten silver) de Peter Jackson. A práctica que facemos consiste en crear unha noticia falsa a partir dunhas imaxes dadas empregando a linguaxe propia do documental. Temos 3 grupos de novas:

  • Nova sobre Inmigración subsahariana mesturadas con imaxes de turismo
  • Nova sobre sexismo nos deportes femininos con imaxes de deporte masculino
  • Nova sobre a criminalización dos inmigrantes nos roubos fronte ó tratamento que se lle dá ós ladróns do país