Sangrina 2obradoiroSobre estes e outros temas reflexionou o alumnado da Sangriña no segundo encontro con Roi e María. Aprenderon que non todo é o que parece nas portadas das xornais, e que a cousa cambia moito segundo o cristal con que se mire. Eles mesmos elaboraron un “curioso” informativo no que os españois eran os “invasores” e os deportistas masculinos os que non deron no cravo coa súa vestimenta. Porque a verdade é que é tan importante o traxe de Cristiano Ronaldo coma as unllas de Mireia Belmonte. É ou non é?