Hoxe comezou a traballar o noso estupendo equipo de reporteiros e profesionais do audiovisual coas memes e os gif. Eis unha imaxe da clase, na que estaban tamén as profes Flor, Carme e Ana: epdlab Para realizar os memes utilizamos a páxina imagechef. Podes botar un ollo ós que fixo o noso alumnado na páxina de EpdLab  A clase foi ben interesante: analizamos noticias e o xeito en que se contan, vendo como os prexuízos afectan ó contido das mesmas. Cremos que os nosos rapaces e rapazas, desde hoxe, lerán entre liñas e pensarán 2 veces o que significa o que están lendo ou oíndo!