Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Primeiro obradoiro do EpDLab: A linguaxe importa: memes para chamar as cousas polo seu nome.
A primeira xornada do obradoiro de EpDLab deixounos a todos con ganas de máis. As profesoras rematamos con ideas fervendo nas nosas cabezas sobre como podiamos aproveitar todo o aprendido para incorporalo ás nosas materias e os rapaces quedaron encantados coa actividade, co seu contido e coa forma de traballalo.