Navia de Suarna 2

O que aprendín no obradoiro do pasado venres foi, que algo no que non nos fixamos, como son as palabras que usan os xornalistas para escribir unha noticia, por exemplo fan uso da nacionalidade dos protagonistas da historia, que non é necesario sabelo. Tamén foi interesante cando nos aprenderon a facer memes, fotos nas que no encabezado e no pé dela se escriben frases con sentido “humorístico”. Despois dixéronos que buscásemos o significado de prexuízo e preguntáronos si nos tiñamos algún, en principio contestamos que no pero o final da clase facendo unha actividade démonos conta de que estamos cheos deles. En xeral, a clase para min foi interesante.

 

Ángela Álvarez López, alumna de 4º da ESO