Neste día traballamos sobre a importancia das mensaxes implícitas nas noticias dos periódicos e outros medios de formación de masas, como a escolla das palabras non é inocente, como de forma sutil e aparentemente neutra a forma de presentar as noticias leva implícita unha carga ideolóxica que moitas veces alenta o medo ó estranxeiro, a discriminación e o racismo. A presentación dinámica en base a exemplos das noticias actuais que fixeron María e Roi axudounos a aprender a ler o que se di entre liñas. Tamén o alumnado tivo ocasión de traballar coa linguaxe dos memes, combinando a imaxe con frases propias de forma creativa para elaborar a súa propia mensaxe de que ante todo as persoas somos persoas independentemente da nosa orixe.
Fernando Martínez Yáñez, profesor de CCNN