Óese alá, na esquina da rúa,
a conta atrás dunha vida,
coma a miña, como a túa.
Sen dereitos, só prexuízos,
formada por mentiras,
nena de cor mestizo,
derrama pánico e morriña.
Incontables escapadas,
navegando na escuridade,
nun mar de lágrimas derramadas
fuxindo da guerra con fame.
Óese alá, na esquina da praza,
outra nena non mencionada,
esta vez con pel máis clara,
desfrutando da súa infancia.
Que cambia non sendo a cor?
Somos persoas ante todo,
por que vive felizmente unha
e por que a outra non?
Escoitando a voz cidadá
ás veces o meu corazón non bombea.
Ser persoa non implica discriminar,
senón ter decencia e respetar.
Que o racismo sexa tan só
o silencio dun mundo igualitario,
nunha civilización que non entenda
para que antes era necesario.
J.C.G. (16/10/2015)