Esta tarde, os compañeiros María Lobo e Roi Guitián, de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) desprzaronse ata Viana do Bolo desde Vigo para impartir o primeiro obradoiro dunha serie de actividades sobre Eduacación para o Desenvolvemento, que esta ONG traballará ao longo do curso 2015-2016 co alumnado do noso centro, concretamente de 1º e 2º de ESO.
Esta primeira actividade centrouse no uso correcto e responsable da linguaxe no ámbito xornalístico, especialmente na idea de evitar os prexuízos, os termos pexorativos que exclúan a unha etnia, nacionalidade ou grupo social, e resaltaron a necesidade de buscar sempre a obxectividade e o respecto ás persoas por riba do sensacionalismo. Este proxecto, pioneiro en Galicia, fórmano cinco institutos galegos (Viana do Bolo, Navia de Suarna, A Sangriña (A Guarda), A Cachada (Boiro) e MIlladoiro (Santiago) e un centro de secundaria de El Salvador. A vindeira sesión terá lugar o luns 16 de novembro. Estaremos encantados de recibir de novo a María e Roi.