A creatividade e a cooperación son para nós eixos importantes de traballo, e por isto creamos hai 6 anos o CdA (Club do Antifás), un obradoiro social creativo que se reúne cada martes na hora da xantar para traballar desoutro xeito polo que apostamos. Neste CdA temos feito cousas ben interesantes (conhecedes o “Amores Prohibidos 2.0”? Foi unha proposta de Chévere Teatro e A Navalla Suiza, e converteuse nun fenómeno viral en 2011), e por eso agora estamos moi contentos de que nos ofreceran participar neste EpDLab. 

Uns 30 rapaces e rapazas de 3 e 4 da ESO xuntaranse cada martes e traballaremos as propostas do EpDLab. Intentaremos aportar o noso grao de area, e mesmo utilizar as ferramentas que nos van ensenhar para desenhar outros produtos para as nosas aulas. No noso sitio clubdoantifas.iesacachada.org poderedes ver todas as nosas creacións, e tamén as elaboradas nos pasados anos (non vos perdades a pestana “produtora”, dentro do blog, onde se albergan os vídeos creados polo alumnado que pasou polo CdA!)

Grazas por darnos esta oportunidade!