O noso centro é o IES A Sangriña, en A Guarda, unha localidade costeira situada no sur da provincia de Pontevedra, con preto de 10.000 habitantes. Ao instituto asisten arredor de 850 alumnos/as e preto de 90 profesores/as. Impártense ensinanzas de ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e ensinanzas para adultos (ESA e Bacharelato) .
Neste proxecto participarán estudiantes da ESO que xa entraran en contacto cos medios audiovisuais en cursos pasados gracias ao proxecto Socheo. Comezaremos co EpDLab o próximo mércores, 14 de outubro, e estamos desexando ver o que a rapazada e nós mesmas somos capaces de facer.
A próxima semana poderedes ver os primeiros froitos do noso traballo. Agardamos vervos por aquí!