Que é EpDLab

EpDLab é un proxecto educativo que xorde a partir da reflexión colectiva de varios grupos 5 grupos da ESO en Galicia, máis outros dous grupos en El Salvador. Traballaremos con ferramentas TIC para publicar contidos ao redor da igualdade de dereitos, da participación responsable e da xustiza social. Queremos apropiarnos dos medios que temos nas nosas mans para participar en accións innovadoras cara á comunicación inclusiva, o desenvolvemento social e á denuncia da desigualdade. Cales son os nosos principios pedagóxicos? Velaquí un petisco:

{vembed Y=v_7vnwU7Yyw}

Este é un proxecto colaborativo no que participamos de xeito horizontal e igualitario, polo que os seus resultados son produto da reflexión e o traballo colectivo. Nun contexto no que a tecnoloxía revolucionou os procesos comunicativos, a competencia mediática é un aspecto imprescindible para a construción dunha cidadanía activa e responsable.

Traballaremos con contidos transmedia: unha mesma información está composta por datos publicados en diferentes soportes e formatos, en distintas plataformas e redes, onde o importante é comprender o significado e o discurso sociocultural por riba da fragmentación destes datos.

Cremos na aprendizaxe activa e cremos que esta aprendizaxe debe acompañar outros procesos de educación formal, contribuíndo así a unha formación multidisciplinar e integradora.

Defendemos a idea dunha educación comprometida coa comunidade na que vive e dos recursos culturais abertos como pilares para o desenvolvemento e a igualdade de oportunidades. Por iso, eliximos as licenzas Creative Commons para definir os dereitos sobre as nosas producións.

AGARESO, en colaboración con Gingko, encárgase da coordinación técnica deste proxecto, financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e UE, na súa convocatoria pública de axudas para proxectos de Educación para o Desenvolvemento. Para saber máis sobre os centros participantes, fai click na sección “INSTITUTOS” e poderás ver o perfil e os traballos de cada unha delas.

Como traballamos?

Ao longo de nove meses, participaremos nun total de 8 obradoiros, cada un deles destinado a traballar unha temática concreta e unha ferramenta TIC para a publicación de contidos. Os resultados do noso traballo serán publicados nesta web e organizados por escolas, contidos ou formato. O proxecto contempla tamén a realización de outros dous obradoiros de sensibilización en torno a cooperación internacional e o contexto de El Salvador.
Para seguir o desenvolvemento do noso proceso de aprendizaxe, podes consultar o noso perfil en Storify ou ler as nosas aportacións no Blog, onde profes, estudantes e coordinadoras iremos compartiendo as nosas experiencias no proxecto.

Se queres participar nos nosos debates ou compartir con nós a túa visión, podes facelo nas redes sociais baixo o hashtag #EpDLab.


EQUIPO EpDLab

 Lorena Seijo e Susana Maceiras: deseño e coordinación do proxecto. 
 María Lobo e Roi Guitián: deseño do proxecto, contidos e docencia dos obradoiros. 
 Diego Pintos: deseño gráfico e deseño web. 
 Trini Pérez: normalización textos.