Loading...
INS – IES Castro Alobre 2017-10-22T18:15:31+00:00

Estereotipos e discriminación

24 Febreiro, 2019|Categorías: Blog, Centros de ensino, Colectivos Culturais, Gifs, IES Castro Alobre, Interculturalidade, Racismo e Xenofobia, Sociedade|

Nesta sesión Roi traballou co alumnado un tema actual e importante: o racismo. Partindo dunha curtametraxe For the birds, puidemos comentar as distintas actitudes de rexeitamento ao diferente. As actividades plantexadas, noticias desenfocadas, pretendían fomentar a reflexión dos estudantes a través dos sentimentos que lles espertaban as noticias ou da cualificación que lles merecían algunhas profesións. Adxectivos como esforzo, constancia, positividade foron abrindo camiño ata chegar á conclusión. Atopáronse de frente con persoas de raza xitana que pasaban por situacións absurdas e inxustas só polo feito de ser xitanas. O alumnado deuse conta de que non debemos xulgar a ninguén só por pertencer a unha étnia ou grupo determinado. Para rematar esta sesión, fixeron un texto animado cun texto que transmitise todas as ideas das que se falaron. A app utilizada foi Legend.  

Que sabes das persoas refuxiadas? #StopRumores

4 Febreiro, 2019|Categorías: IES Castro Alobre, Micro-videos, Migracións, Racismo e Xenofobia|

Micro-Vídeo realizado dentro no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa dentro do proxecto #EpDLab. Neste exercicio comparamos ideas estendidas entre a opinión públicas con datos estatísticos de fontes reais como os diferentes Ministerios, Eurostat ou ACNUR para comprobar canto teñen de realidade ou de bulo. Este traballo foi realizado coa axuda da web  stoprumores.com

Coas axudas sociais aos inmigrantes #StopRumores

4 Febreiro, 2019|Categorías: IES Castro Alobre, Micro-videos, Migracións, Racismo e Xenofobia|

Micro-Vídeo realizado dentro no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa dentro do proxecto #EpDLab. Neste exercicio comparamos ideas estendidas entre a opinión públicas con datos estatísticos de fontes reais como os diferentes Ministerios, Eurostat ou ACNUR para comprobar canto teñen de realidade ou de bulo. Este traballo foi realizado coa axuda da web  stoprumores.com

Percepción e Realidade sobre os musulmáns en España #StopIslam

4 Febreiro, 2019|Categorías: IES Castro Alobre, Interculturalidade, Micro-videos, Racismo e Xenofobia|