Blogue IES de MIlladoiro

CONSUMA RESPONSABILIDADE

CONSUMA RESPONSABILIDADE

Somos responsables da protección do noso medio ambiente e todos os xestos diarios contan. Partindo desta realidade comezamos o obradoiro Desenvolvemento sostible. Definimos Desenvolvemento sostible, analizamos, contestando ás preguntas de María, se somos responsables no uso dos recursos e o medio natural, se o que consumimos a diario nos permitirá conxugar a súa conservación co desenvolvemento económico e o benestar das futuras xeracións… Temos hábitos sostibles?... O Youtube Editor permitiunos dar forma ás nosas conclusións e tratar de convencer coas creacións dos nosos alumnos/as de que temos que actuar ConSUMA responsabilidade no referente á conservación do noso medio. Botade unha ollada a ver se vos convencemos!!!